Xestión de pedidos e ordes de traballo
O Sistema de Xestión de Ordes de Obras Urbanas de IPS Vial SL (OTs) consiste nunha aplicación para o ámbito municipal que permite a comunicación eficiente entre a Administración e as empresas, a xestión documental e a explotación da información en forma de indicadores, gráficos e informes, en relación coa xestión de obras urbanas.
O proceso de planificación, execución e certificación de obras urbanas implica tanto a administracións públicas como a empresas privadas, e require mecanismos de supervisión administrativa, intercambio de información entre as partes e avaliación de custos para a asignación orzamentaria. OTs implementa un fluxo de traballo que permite a coordinación e o control deste proceso dun xeito áxil, claro e intuitivo, ofrecendo: xestión centralizada de documentos, fluxo de traballo controlado, seguimento de prazos mediante indicadores clave de rendemento, uso de mapas e directorio de rúas do InCa e notificacións por correo electrónico.
Actualmente, estas son as administracións que traballan diariamente co noso sistema de xestión de ordes de traballo:




